O por qué de este blog

15 08 2008

Hai uns meses, un amigo de meu, suxeriume que fixese un blog xa que eu adoito contarlle “batallas” que teñen ou me teñen ocorrido nalgún instante da miña vida.

Durante algún tempo andiven matinando se facer ou non facer tamaña fazaña dado que son moi dado á preguiza. A decisión chegou despois de recebir un curso sobre WordPress impartido por Maria Langer e que está na biblioteca  “online” de Lynda.com. Teño que dicir que este curso foi moi clarificador para min e para non quedar como un papón decidín facer este blog coma exercicio do remate do curso.

Non sei ata onde chegarei con esta leria, máis tratarei de ir contando cousas que me chaman ou chamaron a atención nalgún momento.