Vai de “blues”

16 08 2008

Non lembro a data,  foi no ano pasado: Pasaba pola rúa Rego d’Auga (ese debería ser nome da rúa se aplicase e A Coruña a Lei de Normalización Lingüistica) e vinme sorprendido por un son que me transportaba cara a Nova Orleans (cidade que teño visto nos filmes). O son viña da zona do Teatro Rosalía de Castro e alí nun dos soportais vexo catro persoas armadas cun banjo, un contrabaixo, unha taboa de fregar e un kazoo. Interpretaban “Wastin’ my time no more”, que traducido ó meu idioma ven dicir, máis ou menos, “Non malgastarei máis o meu tempo”.

Pareime a escoitar e quedei impresionado polo bo son que sacaban dos seus instrumentos xunto coa voz do seu “singer“. Observei que o redor andaba un cámara de televisión,  cunha axudante, facendo tomas de video para o que eu supuxen ía ser un vídeo promocional. Repetiron a interpretación duas veces máis para facer tomas dende diferentes ángulos. Durante todo este tempo a xente que pasaba se paraba a ouvir a interpretación e tamén deixar algún carto no chapeu que o conxunto tiña como medio de autofinanciación.

Chamoume a atención unha picariña (entre dous e tres anos), que estaba na tenda de calzados Rapaciños, toda atenta movéndose ó son da música, e unha vez que esta rematou, pediulle cartos a, que supoño, súa nai para depositalos no chapeu.

Unha vez rematada a actuación/gravación marcheime facendome a pregunta de quenes serían estes rapaces que facían tan boa música. Esta resposta a tiven aproximadamente un mes máis tarde cando no mesmo lugar, e reforzados con máis persoal, estiveron interpretando unha serie de “blues” do seu vasto repertorio.

Nesta súa actuación, ademais de solicitar a contribución para o chapeu, tamén tiñan a venda CD’s coa sua música. Xa teñen publicado catro e a máquina rulando. Dos CD’s puiden sacar o nome deste gran conxunto, coruñés, o seu nome é Miki Nervio & The Bluesmakers.

Se tendes ocasión mercar a súa música, escoitala e sentirédevos transportados a ese mundo do Missisipi inda que sexa, como di o seu “singer” Miki Nervio, en inglés-güachismén. Non malgastaredes nen os cartos nen o tempo.

Miki Nervio & The Bluesmakers interpretando “Wastin’ my time no more”





O concelleiro González Garcés e os touros

15 08 2008

Non sei se o Sr. Gonzalez Garcés, concelleiro de Festas (PSOE) no Axuntamento de A Coruña, navega entre a estupidez ou a imbecilidade, pero dende logo o que non é de recibo e que trate de xustificar a subvención de 120.000 € con que a súa Concellería subvenciona a feira taurina das festas de Agosto.

A polémica xurdiu polas declaracións de María Xosé Bravo, concelleira de Cultura (BNG), na que manifestou que á súa formación política “oponse a subvención das corridas de touros”. O Sr. González Garcés, rápidamente contestou dicindo: “Todas las fiestas y actividades culturales están subvencionadas, todas. Debe haber ofertas minoritarias, aunque no vaya prácticamente nadie, y otras [en referencia a las corridas de toros] que llevan 17 años haciéndose”, según conta o xornal La Opinión de A Coruña.

Ler o resto desta entrada »